2020AlevínCto. GallegoInfantilJúniorLiga figurasCpto. Gallego rutinas técnicas júnior y 1ª jornada liga gallega de figuras de nivel

diciembre 17, 2020
cartel_oficial_log

As promesas da natación sincronizada galega danse cita este sábado 19 de decembro na piscina do Centro Deportivo Rías do Sur

As promesas galegas da natación sincronizada daranse cita este sábado 19 de decembro na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra para participar no Campionato Galego Júnior de Rutinas Técnicas e a I Xornada da Liga Galega de Figuras de Nivel en categorías Alevín e Infantil. No evento, organizado pola Federación Galega de Natación (Fegan) e o Club Galaico Sincro en colaboración coa Concellería de Deportes e a Deputación Provincial, competirán un total de 141 nadadores e nadadoras procedentes das catro provincias galegas.

Segundo explicou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, as probas desenvolveranse en dúas quendas: na de mañá, celebrarase a I Xornada da Liga de Figuras de Nivel, cunha participación de 106 deportistas, 42 alevíns e 64 infantís, mentres que na de tarde terá lugar o Campionato Júnior de Rutinas Técnicas en categorías de ‘solos’, dúos e equipos, que contará con 35 nadadores.

O edil socialista asegurou que “trala recente celebración do Trofeo Promesas do Lérez, a piscina do Complexo Rías do Sur volverase converter esta fin de semana, grazas unha vez máis á colaboración da Fundación Rías do Sur, en epicentro da natación autonómica, neste caso da súa vertente plástica e artística, coa presenza das mellores nadadoras da comunidade, entre as que podemos salientar nomes como o de Daniela Suárez, deportista do Galaico Sincro recentemente incluída no campus Top30 organizado pola Real Federación Española de Natación que se desenvolverá a finais de mes en Madrid”.

“É unha verdadeira honra para este Concello que, neste contexto tan complexo, no que organizar competicións e eventos pode converterse nunha odisea, Pontevedra poida albergar unha proba tan relevante en condicións de máxima seguridade para nadadores e asistentes. Os protocolos de protección contra o coronavirus seguen as pautas máis estritas e estamos convencidos de que a sincronización neste sentido vai ser tan perfecta como a das rutinas dos nadadores”, asegurou Tino Fernández.

Esforzo para adaptalo ás restricións dos deportes de contacto

Pola súa banda, o presidente do Club Galaico Sincro, José Maquieira, quixo subliñar “o considerable esforzo realizado por parte da Federación Galega de Natación, os clubs e o estamento arbitral debido ás restricións que este deporte sufre, ao estar catalogado como deporte de contacto, cousa que, en toda España, só acontece na Comunidade Galega”. Tal e como afirmou Maquieira, “isto obrigou a adaptar as normas de desenvolvemento deste tipo de campionatos a ditas restricións, podendo finalmente levarse a cabo grazas á implicación de tódolos estamentos anteriormente citados”.

“Quero dar as máis expresivas grazas á Concellería de Deportes polo seu apoio ao noso deporte e, en especial, á Fundación Rías do Sur por permitirnos poder facer os nosos adestramentos, sabedores do gran esforzo que elo supón”, apuntou o presidente do Galaico.

NOTA DE PRENSA

¿QUIERES SER DEL GALAICO SINCRO?

REDES SOCIALES

Síguenos en nuestras redes, últimas fotos, vídeos, campeonatos, próximos eventos, etc.
http://galaicosincro.com/wp-content/uploads/2021/02/visitt_web.jpg
http://galaicosincro.com/wp-content/uploads/2020/01/web-1.jpg
http://galaicosincro.com/wp-content/uploads/2018/04/logo_deportes_pontevedra-15.jpg
http://galaicosincro.com/wp-content/uploads/2018/04/logo-diputacion-150.jpg
logo_RIAS-DO-SUR-jpg-150
logotipo-Supera:150
http://galaicosincro.com/wp-content/uploads/2018/03/logo_ence.png
http://galaicosincro.com/wp-content/uploads/2020/05/logo_web_arena.jpg